Connect with us

Fútbol Sala

Os alevíns do Lugo Sala logran unha vitoria sólida ante O Esteo FS

Unha vitoria que reafirma a boa dinámica do equipo na categoría tras dous partidos disputados en 24 horas

Categoría: Alevín Preferente Masculina
Enfrontamento: Acasti Reformas Lugo Sala contra O Esteo FS
Resultado ao descanso: 3-1
Resultado final: 4-3

Aliñación: Marco (portero), Rafa, Miguel M., Mateo V., Oli
Banquiño: Quiroga, Xabi, Otero, Brais, Iago, Nico (portero)

Goleadores: Oli, Quiroga, Iago, Rafa

Destacados da xornada: Oli, Marco, Quiroga

Resumo do partido:
O Lugo Sala Acasti Reformas logrou unha vitoria importante tras un partido complicado contra O Esteo FS. O equipo chegou ao partido do sábado coas enerxías ao máximo, pero sabían que non sería fácil, xa que o rival apostou por un sistema defensivo pechado que dificultou as ocasións. A pesar de marcar tres goles antes do descanso, dous deles de estratexia, os nosos non se sentían totalmente cómodos no campo. Na segunda parte, o equipo ampliou a súa vantaxe a 4-1, pero as ocasións de aumentar a diferenza non se aproveitaron e, debido ás faltas cometidas, O Esteo FS conseguiu recortar distancias ata o 4-3. Tras un tempo morto para calmar os ánimos, o equipo soubo xestionar o final do partido.

Non se pode deixar de mencionar que este triunfo chegou logo dunha vitoria no día anterior, un 1-4 sobre o Pombo Hércules en Coruña, no que o Lugo Sala consolidou a súa posición no segundo posto da táboa cunha sexta vitoria consecutiva. Dous partidos disputados en 24 horas, con viaxe incluída, que demostran a forza e a determinación do equipo.

Próximo rival: O próximo encontro levará ao Lugo Sala Acasti Reformas a enfrontarse contra o CMI Unidade Fene. Unha nova oportunidade para seguir sumando puntos e manter a boa dinámica.

Advertisement