Connect with us

Fútbol Sala

Os alevíns do Lugo Sala Acasti Reformas manteñen a xeira triunfal

Reacción no segundo tempo para afianzar o liderato e seguir en racha

Alevín Preferente Masculina
Acasti Reformas Lugo Sala – Troula Betanzos FS
Resultado ao descanso: 2-2
Resultado final: 5-2

Aliñación: Nico , Rafa, Miguel M., Mateo V., Otero
Banquiño: Marco, Quiroga, Oli, Brais, Enzo, I. Villamor, Iago
Goleadores: Quiroga, Oli, Rafa, Otero, P.P. del rival
Destacados da xornada: I. Villamor, Nico, Oli

Resumo do partido:
O Lugo Sala Acasti Reformas logrou outra vitoria importante no seu camiño cara ao título, superando ao Troula Betanzos FS por 5-2 tras unha primeira parte incómoda. O equipo de Miguel Múñoz comezou o encontro algo descentrado, co rival gañando duelos e dificultando a saída de balón. Tras un 0-1 en contra, un tempo morto axudou a espabilar ao equipo, que empatou grazas a unha boa acción estratéxica de Quiroga. O 1-2 chegou despois dunha mala defensa na inferioridade, pero o Lugo Sala soubo reaccionar e empatar antes do descanso cun gol de Oli tras unha excelente xogada entre Rafa e Oli.

No segundo tempo, o equipo mellorou, con moita máis intensidade e velocidade no xogo, xerando multitude de ocasións e controlando por completo a situación. O rival foi incapaz de xerar perigo, e o Lugo Sala tivo varias oportunidades para ampliar o marcador. O 5-2 chegou grazas á reacción colectiva do equipo, que tamén soubo defender con solvencia o xogo de cinco do rival. A boa parada de Nico nun man a man e a firmeza defensiva foron claves para manter o resultado.

Clave do partido: A mentalidade e a reacción do equipo na segunda parte.

Frase de Miguel Múñoz:
«Felicitar a mis chicos por la 2ª parte, la confianza en sí mismos, y la mentalidad que tienen para querer más siempre. Enhorabuena al rival por su partido, vino a exponer en la 1ª parte, jugó sin complejos y de ahí el mérito suyo en esa 1ª parte donde nos fuimos empate por lo que hicieron ellos sobre la pista.»

Próximo enfrontamento: O Lugo Sala Acasti Reformas viaxará a enfrontarse ao AD Codima Ames Sport, buscando a súa 14ª victoria consecutiva.

Advertisement