Gran segunda parte para encadear outra vitoria antes dun apaixonante derbi local
Alevín Preferente Masculina
Unidade Fene – Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 1-4
Aliñación: Nico, Rafa, Miguel, Mateo, Oli
Banquiño: Marco, Quiroga, Otero, Jano
Goleadores: Miguel, Mateo, Jano, Otero
Destacados da xornada: Rafa, Miguel, Mateo
Resumo do partido:
O Lugo Sala Acasti Reformas asinou unha nova e meritoria vitoria a domicilio tras impoñerse con claridade ao Unidade Fene. A primeira metade estivo marcada polo dominio total dos visitantes, acumulando finalizacións e impedindo ao rival saír con comodidade. O 0-1 fixo xustiza ao visto na pista, pero o empate do Unidade Fene freou o ritmo lugues e xerou certas dúbidas nos minutos finais do primeiro acto. Tras o paso polos vestiarios, os axustes tácticos tiveron efecto inmediato, o Lugo Sala saíu enchufado, recuperou intensidade e ritmo, e axiña abriu fenda cun parcial demoledor que puxo o 1-3. A partir de aí non houbo partido. O control, o criterio nos tempos do encontro e a contundencia de cara a porta foron suficientes para asinar o 1-4 definitivo e volver para casa con tres puntos de ouro.
Clave do partido: Saber xestionar os tempos do encontro e non baixar os brazos nos momentos complicados.
Frase de Álvaro: “Enhorabuena al equipo, seguir trabajando que es el camino. Y enhorabuena a Jano, benjamín, por su debut con gol incluido”
Próximo enfrontamento: Na próxima xornada chega un prato forte: derbi local contra o Ribeira. Un choque especial no que o Lugo Sala Acasti Reformas buscará manter a boa dinámica nun ambiente cargado de emoción e rivalidade.