Un encontro moi igualado, no que A Piringalla mellorou respecto á primeira volta pero non conseguiu puntuar.
Alevín Preferente Masculina
Piringalla vs Troula Betanzos
Resultado ao descanso: 0-2
Resultado final: 0-3
Aliñación: Thiago, Martiño, Mateo, Izan, Pelayo
Banquiño: Lucas, Samuel, Xosé, Nico Meilán, Bosco
Destacados da xornada: Pelayo, Martiño, Bosco
Resumo do partido:
O partido foi moi igualado en comparación co encontro da primeira volta, cando o Troula venceu por un claro 7-3. A Piringalla logrou igualar a intensidade e aguantar ben ata o minuto 13, cando os betanceiros adiantaronse no marcador co 0-1. A pesar de seguir competindo, a moral baixou un pouco cara ao final da primeira parte, e os visitantes aproveitaron para marcar o 0-2 antes do descanso.
Na segunda metade, a Piringalla saíu máis concentrada e con Pelayo xogando de pivote, buscando dar a volta ao partido. Non obstante, as ocasións de Nico Meilán, cun balón ao pau, e de Pelayo, cun remate de cabeza que sacou o porteiro rival cun paradón, non foron suficientes para reducir distancias. O Troula apenas inquietou aos de Juan durante a segunda metade, é xa nos últimos minutos, nun rexeite preto da área, fixeron o 0-3 definitivo.
Frase do adestrador:
«Estamos igualando partidos que en la primera vuelta nos costaba un mundo superar.»
Próximo enfrontamento:
A Piringalla xogará un derbi local contra o Lugo Sala, un partido no que ambos equipos buscarán sumar para seguir mellorando na clasificación.