Lugo Sala alevín deixan a súa pegada cunha tempada de traballo intenso e moito aprendizaxe
Alevín Preferente – Copa Galicia, Cuartos de Final
Club Deportivo La Peña – Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 3-2
Aliñación: Marco, Miguel M., Mateo V., Brais, Oli
Banco: I. Villamor, Enzo, Quiroga, Xabi
Goleadores: Quiroga e Mateo V.
O Lugo Sala Acasti Reformas entrou ao partido algo errático, cun inicio marcado pola intensidade do CD La Peña e cun quentamento exprés que non os permitiu acoplarse de inmediato. A pesar diso, os lucenses asentáronse no xogo e lograron crear ocasións claras, dominando en balóns divididos e transicions rápidas, aínda que o rival aproveitou unha parede en banda para adiantarse 1-0. O Lugo Sala non se descompuxo, seguiu presionando e xerando perigo, chegando incluso a tirar ao poste en varias ocasións. A través dunha contra con falta, lograron empatar antes do descanso 1-1, reflexo da súa insistencia e do número de ocasións creadas, aínda que semellaba que mereceran algo máis.
Na segunda metade, o Lugo Sala iniciou con maior ritmo e intensidade, tentando controlar o partido e xerando múltiples oportunidades, pero os de Marín tamén mostraron un gran nivel defensivo e co porteiro moi acertado en todas as accións, que impediu que os visitantes se puxesen por diante. Nun dos poucos acercamentos que tiveron os locais, nunha acción mal defendida polos lugueses, propiciou o 2-1, e pouco despois un erro nunha saída de balón permitiu o 3-1, poñendo ao Lugo Sala nunha situación complicada. Aí foi cando Miguel Múñoz chamou a atención do seu equipo, lembrándolles a importancia de manter a calma e confiar na súa capacidade. Os pequenos responderon cun gran esforzo colectivo e, nunha xogada de rebote, Mateo V. marcou o 3-2 que encendeu a esperanza ata os últimos segundos, aínda que non foi suficiente para empatar.
Durante todo o partido, o Lugo Sala mostrou unha actitude exemplar, mantendo a súa personalidade, correndo en transición e defendendo con intensidade. Os xogadores loitaron cada balón, executaron estratexias ben traballadas e demostraron capacidade de reacción fronte a contratempos, incluíndo o impacto mental do inicio desfavorable e a presión do rival. A eliminación non empaña a calidade e o carácter amosado, que foron evidentes en cada minuto, demostrando que o equipo aprende e crece en partidos de alto nivel.
Clave do partido: Non aproveitar os momentos de superioridade e a gran actuación do porteiro rival que neutralizou varias ocasións claras.
Frase de Miguel Múñoz:
«No me cansaré de decirlo, este EQUIPO transmite algo muy especial, no nos ha premiado este final de temporada pudiendo estar en esas finales, tanto del Campeonato Gallego como ahora la Copa Galicia, que eran objetivos que nos marcamos, pero no empaña el gran trabajo diario y la liga regular que han hecho los chicos, un ORGULLO poder estar en el día a día con ellos.»