Connect with us

Fútbol Sala

Oli asinou a vitoria do Lugo Sala alevín en Ferrol

Gran reacción e mentalidade para conseguir a victoria tras o empate inesperado da xornada pasada

Alevín Preferente Masculina
O Parrulo FS – Delipollos – Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 4-4
Resultado final: 6-9

Aliñación: Nico, Rafa, Miguel M., Mateo V., Oli
Banquiño: Xabi, Quiroga, Otero, Brais, Marco
Goleadores: Oli (7), Miguel M., Mateo V.
Destacados da xornada: Oli, Miguel M., Rafa

Resumo do partido:
O Lugo Sala Acasti Reformas logrou unha importante vitoria a domicilio tras superar ao Parrulo FS – Delipollos por 6-9 nun partido con moito sufrimento. O equipo lucense comezou ben, adiantándose 0-2, pero o rival reaccionou e empatou. Aínda que o equipo sentiu os efectos do empate contra Codima na xornada anterior, tras un tempo morto de Miguel Múñoz, os xogadores melloraron a súa actitude e chegaron ao descanso con empate 4-4. Na segunda metade, os lucenses sairon moi concentrados e con moita mellor defensa, logrando rapidamente un 5-6, ata tiveron ocasións para ampliar a vantaxe, pero nun erro, os ferroláns fixeron de novo o empate a 6. Dende aquí, o equipo deu un paso adiante, sobretodo en defensa, en nun saque de esquina chegou o 6-7 para os visitantes, é en outra xogada a balón parado, chegou o 6-8. O equipo non se deixou desbordar, controlou ben a situación e finalizou o partido cun 6-9, cunha boa defensa do xogo de cinco do rival. A vitoria foi clave para continuar coa súa boa racha, a pesar da baixa de Brais, que tivo que deixar o campo por lesión.

Clave do partido: O sobrepoñerse ao inesperado empate ante Codima e ao partido máis complicado debido á baixa de Brais.

Lesión de importancia: Brais .

Frase de Miguel Muñoz:
«Es un orgullo para mí entrenar a este gran grupo, muy orgulloso.»

Próximo enfrontamento: Gran derbi local contra ACD Piringalla – Huno Peluqueros.

Advertisement