
Derbi de tolos en Lugo: Ribeira e Lugo Sala protagonizan unha remontada épica no Pavillón Municipal (5-5)
O derbi da cidade de Lugo na División de Honra Xuvenil entre Ribeira F.S. Sibuscascoche e Lugo Sala Acasti Reformas rematou cun empate a 5 goles que soubo a vitoria para os locais e deixou sabor amargo no equipo visitante. O duelo, disputado no Pavillón Municipal, foi un festival de emocións que tivo dúas caras ben diferenciadas e unha remontada que xa é historia da tempada.
Resultado ao descanso; 1-4
Resultado final ; 5-5
PRIMEIRA PARTE: UN MONÓLOGO DE LUGO SALA
O inicio do partido foi un vendaval por parte do Lugo Sala. Os pupilos de Jose saíron ao parqué decididos a sentenciar axiña, dominando todas as facetas do xogo nos primeiros 12 minutos. Anxo foi un auténtico pesadelo para a defensa local e marcou por partida dobre para colocar o 0-2. A continuación, Sanfiz e de novo Anxo ampliaron a diferenza ata un contundente 0-4 que reflectía a superioridade visitante.
César, técnico do Ribeira, víase obrigado a parar o partido cun tempo morto para intentar calmar os nervios do seu equipo. A pausa tivo efecto e o Ribeira recurtou diferenzas grazas a unha xogada individual de Saúl, que puxo o 1-4 no marcador. Antes do descanso, aínda tiveron unha opción clara cun dobre penalti que foi ao pau, e así rematou a primeira metade.
SEGUNDA PARTE: A REMONTADA IMPOSIBLE
Pero o fútbol sala non entende de lóxica. O Ribeira volveu dos vestiarios con outra cara, presionando en toda pista e incomodando un Lugo Sala que comezou a mostrar síntomas de relaxación. Pero cando mellor estaban, chegou o 2-5 de Anxo , para o seu particular poker de goles. Cristian, porteiro local, asumiu protagonismo con intervencións salvadoras e unha saída en condución que culminou cun disparo á escuadra para facer o 2-5. Ese gol foi a chispa que necesitaba o Ribeira. Dous minutos máis tarde, un tanto combinativo puxo o 3-5. O partido rompeu por completo e, nun novo contragolpe iniciado por Cristian, chegou o 4-5 tras unha asistencia ao segundo pau.
Co tempo correndo en contra, César apostou por porteiro-xogador a falta de 2:30 para o final. E a decisión foi premiada, a 1:20 para o remate, os locais lograban o agardado 5-5. Os últimos segundos foron de contención por parte do Ribeira, que daba por bo un punto que os saca dos postos de descenso e os mantén con vida.
ALIÑACIÓNS
Ribeira F.S. Sibuscascoche: Cristian – Jorge – Saúl – Xabi – Adrián
Mateo, Xabi Tubío, Danilo, Mounir, Miguel, Álvaro, Mateo Mihn
Lugo Sala Acasti Reformas: Adrián Fernández – Anxo Veiga – Diego Caloto – Pedro Fernández – Javier García
Banquiño: Iker Cupeiro, Hugo Sanfiz, David Dorado, Marcos Figueroa, Manuel de la Torre
GOLEADORES
Ribeira: Xabi García (2), Cristian, Álvaro, Saúl
Lugo Sala: Anxo (4), Sanfiz
OS MÁIS DESTACADOS
Ribeira:
3 puntos: Cristian
2 puntos: Adrián
1 punto: Saúl
Lugo Sala:
3 puntos: Anxo
2 puntos: Javier García
1 punto: Marcos Figueroa
César :
“O pésimo inicio da primeira metade fixo que fósemos a remolque todo o partido.”
“Un puntiño que nos soubo a gloria despois do horrible inicio. Quedannos tres finais pero agora mesmo dependemos de nós para salvar a categoría.”
Jose :
“Relaxámonos demasiado despois do 1-5 a favor, pensando que estaba todo resolto.”
SITUACIÓN NA TÁBOA
Co empate, o Ribeira F.S. abandona os postos de descenso, empatado a 21 puntos con Vigo 2015. Quedan tres finais para pelexar pola permanencia. Pola súa banda, o Lugo Sala permanece nun tranquilo oitavo posto, ben asentado na zona media da clasificación.
VINDEIRA XORNADA
Ribeira F.S. visitará ao CD San Cristóbal, en Segovia, nun partido crucial pola salvación.
Lugo Sala recibirá ao líder, o potente Noia Portus Apostoli, nun encontro de alto nivel.

