Os lucenses impoñen o seu traballo defensivo e a súa eficacia ofensiva para sumar dous puntos importantes ante o BM Atlántico.
O Juvenil Masculino do Millavén CP Lucense pechou a primeira volta da Segunda Fase cun importante triunfo na súa visita ao BM Atlántico, nun encontro no que os lucenses amosaron madurez e concentración desde o inicio. Coñecedores da relevancia dos dous puntos en xogo, os visitantes saíron moi metidos no partido.
Tras uns primeiros minutos de igualdade, Millavén conseguiu abrir diferenzas no marcador apoiándose nun sólido traballo defensivo, clave para irse ao descanso cunha clara vantaxe de 6-13. Esa renda permitiu aos lucenses afrontar a segunda metade con maior tranquilidade.
Na reanudación, o conxunto local apostou por unha defensa individual presionante coa intención de reducir diferenzas, pero o Millavén mantivo o acerto de cara a gol, sabendo responder aos intentos de reacción do BM Atlántico. Ese control do xogo permitiulle conservar a vantaxe ata pechar o encontro no definitivo 20-25.
No apartado ofensivo destacou Lucas, máximo goleador lucense con 7 tantos, ben secundado por Adri (6) e Amir (5). Tamén contribuíron ao marcador Adrián Feijoo e Brayan (3), así como Rodrigo (1), nun encontro resolto desde o traballo colectivo.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Martín e Alex; Lucas (7), Adri (6), David, Adrián Feijoo (3), Rodrigo (1), Brayan (3) e Amir (5).
Árbitros: Uxía Mariño e Paula Peteiro.