Punto de partida para o xuvenil de Primeira División masculina do Arenal Emevé tras asinar a primeira vitoria da tempada ante Pontevedra cun claro 3-0 na Casa do Deporte.
Os lucenses afrontaron o encontro con máxima concentración para levar o mando do partido dende o inicio, tanto sobre o parqué coma no marcador cun parcial inicial de 25-16 que tivo continuidade no segundo, 25-17 e sen marxe para que o rival puidese recurtar distanzas, sentenciaron pola vía rápida cun 25-19 no terceiro e definitivo set.