O Ribeira fixo unha boa primeira metade, pero un inicio frouxo tras o descanso permitiu ao rival romper o partido.
División de Honra Xuvenil
San Cristóbal Cochinillo Tabladillo vs Ribeira F.S. Sibuscascoche
Resultado ao descanso: 0-0
Resultado final: 5-0
Aliñación : Hugo Sánchez, Saúl, Dani, Marco, Iago
Banquiño : Pablo Dorado, Álvaro, Tubio, Mateo, Héctor, Marcos, David, Iker, Miguel
Xogador destacado: Marco
Resumo do partido
O encontro arrancou con igualdade e moita intensidade. O San Cristóbal tentou dominar a través da posesión e da circulación rápida de balón, pero o Ribeira estivo moi serio en defensa, mantendo a orde e impedindo que o rival xerara ocasións claras. Os de Pablo Díaz apostaron polos contragolpes e as transicións rápidas, creando perigo nas chegadas á portería rival. No tramo final do primeiro tempo, o Ribeira tivo a mellor ocasión do encontro: Saúl dispuxo dun dobre penalti que podería poñer aos lucenses por diante, pero o lanzamento marchou desviado e o descanso chegou con empate a ceros.
Tras a reanudación, os lucenses sairon algo fríos e o San Cristóbal aproveitou para abrir o marcador nos primeiros compases. O gol fixo dano, pero o Ribeira reaccionou ben e volveu asentarse na pista, mantendo a estrutura defensiva e buscando sorprender á contra. Con todo, a nove minutos do final, chegou o 2-0, un tanto que resultou decisivo e deixou sen resposta aos de Pablo Díaz. Nos minutos finais, o equipo local aproveitou o desgaste físico dos lucenses para ampliar a vantaxe ata o 5-0 final.
Clave do partido
O equipo desconectou tralo 2-0 e non conseguiu recuperar o control nin a intensidade dos primeiros minutos.
Frase de Pablo Díaz;
“Quédome co bo traballo feito na primeira parte; dende aí seguiremos traballando.”
Próximo rival
Os de Pablo Díaz recibirán ao Valladolid Sport Sala, un rival directo na loita por asentarse na zona media da táboa. O equipo lucense buscará recuperar sensacións e traducir o bo xogo da primeira parte en resultados positivos diante da súa afección.