Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira levouse o botín en xogo do derbi alevín en Vista Alegre

As da Luna completan unha remontada de moito valor, reforzando o seu momento de forma na recta final da tempada.

Preferente Alevín Feminina
Burela vs Ribeira En Boas Máns
Resultado ao descanso: 1-0
Resultado final: 2-3

Alineación: Daniela Quijada, Maria, Andrea López, Cira, Alba
Banquiño: Martina, Candela, Aldara, Claudia, Antia, Paula, Yaisa
Goleadoras: 1-1 Andrea, 1-2 Alba, 1-3 Alba
Destacadas da xornada: 1. Cira, 2. Alba, 3. Andrea

Resumo do partido:
O encontro comezou cun Ribeira dubitativo e impreciso, permitindo que o Burela chegase con claridade á súa portería. As locais souberon ler os erros do Ribeira e fixeron que a primeira parte fose moi competida. O 1-0 ao descanso foi un xarro de auga fría para as de Luna, que tiñan toda a segunda metade para intentar remontar.

Na reanudación, as capitalinas saíron con total determinación e actitude, mellorando na faceta defensiva e dando un paso adiante. O equipo, que se mostrou máis serio e seguro, soubo arriscar cando tocaba e deixouse todo na pista. Aínda que o arbitraxe non foi o mellor para ambos os equipos, non afectou á boa proposta futbolística das xogadoras. Aínda co 1-1 no marcador, foi Alba Veiga a gran protagonista, marcando dous goles pola escadra co pé esquerdo e permitindo a vitoria por 2-3. Tres puntos que viaxan para a cidade amurallada e dan un empuxe extra para afrontar o final de tempada, onde todo pode pasar.

Clave do partido: Sufrir sen precipitación.

Frase de Luna: “A evolución evidenciase cando eres capaz ata de sacar un partido onde non había ningún factor a favor, orgullosa delas e vamos a deixar todo neste último empurrón.”

Próximo enfrontamento:
Derbi capitalino contra LugoSala FS, un partido clave para seguir na loita pola parte alta da táboa. O Ribeira buscará manter o seu bo momento e sumar tres puntos importantes.

Advertisement