Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira infantil tira de pegada para tumbar ao Parrulo nun festival de goles

Eficacia máxima para superar ao Parrulo nun partido cheo de goles e alternativas

Infantil Preferente Masculina
O Parrulo FS vs Ribeira FS Meizoso Fernández
Resultado ao descanso: 1-5
Resultado final: 5-8

Aliñación: Matías, Alex Freire, Hugo Jartín, Hugo Álvarez, Pablo Piñeiro
Banquiño: Pablo Arias, Alberto, Bruno Díaz, Yoel, Unai, Martín Ferreiro
Goleadores: Yoel, Bruno Díaz, Hugo Jartín (4), Pablo Arias (2)
Destacados da xornada: 1. Hugo Jartín 2. Pablo Arias 3. Yoel Darriba

Resumo do partido:
O Ribeira FS Meizoso Fernández non comezou cómodo o encontro, saíndo algo durmido e permitindo que O Parrulo apretase con intensidade nos primeiros minutos, dificultando a circulación de balón visitante. Porén, a gran diferenza estivo na eficacia de cara a portería: nas primeiras chegadas claras, os de César foron letalmente precisos e colocaron un contundente 0-3 que lles deu moita tranquilidade. Esa relaxación permitiu ao Parrulo recurtar distancias cunha boa contra (1-3), pero lonxe de complicarse o partido, o Ribeira respondeu con dúas novas accións ofensivas para marchar ao descanso cun claro 1-5.

Na segunda metade, o Ribeira saiu mellor que no inicio do encontro e ampliou rapidamente a vantaxe ata o 1-6. A partir de aí, o equipo controlou o ritmo do partido con solvencia, chegando a poñerse 2-7 e deixando o choque practicamente sentenciado. Só nos dous últimos minutos chegou unha excesiva relaxación que permitiu ao Parrulo marcar tres goles case consecutivos, aínda que o encontro xa estaba baixo control e o Ribeira pechou o marcador cun 5-8 que reflicte a súa superioridade ofensiva.

Clave do partido:
A enorme eficacia goleadora: cada chegada clara transformouse en gol, marcando a diferenza no desenvolvemento do encontro.

Frase de César:
«Ultimo partido do ano que, nos valeu para saber que non nos podemos relaxar en ningun momento.»

Próximo rival:
Os de César comezarán o novo ano cun derbi provincial ante os sarriaos do Meigallos FS , un rival sempre combativo e esixente para retomar a competición.

Advertisement