Gran primeira parte do Ribeira, que sentenciou o partido antes do descanso e completou a vitoria na segunda metade
Infantil Preferente Masculina
Naron o Freixo vs Ribeira Meizoso Fernández
Resultado ao descanso: 1-6
Resultado final: 1-9
Aliñación: Dani Prieto, Hugo Jartín, Alex Freire, Yoel Darriba, Martín Ferreiro
Banquiño: Pablo Arias, Hugo Álvarez, Matías (P), Alberto Durán, Pablo Piñeiro, Unai Vázquez, Rodrigo Durán
Goleadores: Pablo Piñeiro, Alex Freire (2), Martín Ferreiro (3), Alberto Durán, Yoel Darriba (2)
Destacados da xornada: 1- Yoel Darriba 2- Martín Ferreiro 3- Alex Freire
Resumo do partido:
O Ribeira Meizoso Fernández comezou o partido cun ritmo altísimo, logrando dominar desde o primeiro minuto. Os locais, ben organizados en media pista, intentaban saír a contra, pero a presión alta dos lucenses fixo que as oportunidades fosen mínimas. Custou abrir a lata, pero unha vez chegou o primeiro gol, o equipo colleu confianza e marcou tres goles rápidos para poñerse 0-3. Un despiste defensivo permitiu ao Naron recortar distancias , pero os de César reaccionoron e anotaron tres máis antes do descanso, deixando o marcador, nun claro 1-6. Na segunda parte, o Ribeira baixou a presión a media pista, controlando o partido, e seguindo coas boas contras, sumando goles ata chegar ao 1-9 definitivo.
Clave do partido:
A gran primeira parte do Ribeira, que lles deu tranquilidade para xestionar a segunda metade sen presión.
Frase de César:
«Gran test en Naron que nos prepara para os partidos claves da tempada que nos veñen de seguido.»
Próximo rival:
O Ribeira FS Meizoso Fernández xogará o próximo partido contra o Casás, nun derbi entre dous dos equipos capitalinos.