Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira Infantil inaugura o 2026 mantendo o pleno de vitorias

Dominio total dende o inicio para superar ao Meigallos cun contundente 9-0 para asinar 14 vitorias nos 14 partidos disputados

Infantil Preferente Masculina
Ribeira FS Meizoso Fernández vs Meigallos

Resultado ao descanso: 5-0
Resultado final: 9-0

Aliñación: Matías (, Yoel Darriba, Hugo Jartín, Hugo Álvarez, Martín Ferreiro
Banquiño: Pablo Arias, Heitor, Bruno Díaz, Alex Freire, Unai Vázquez, Martín Ferreiro, Dani Prieto
Goleadores: Yoel (2), Alex Freire (2), Bruno Díaz, Hugo Álvarez, Unai, Pablo Piñeiro, Martín Ferreiro

Destacados da xornada:  1- Joel Darriba 2-Alex Freire 3-Martín Ferreiro

Resumo do partido:
Derbi provincial ante os sarriaos do Meigallos, nun encontro que o Ribeira FS Meizoso Fernández encarrilou desde os primeiros minutos cunha saída moi intensa, presionando arriba e xerando ocasións con continuidade. O Meigallos, moi ben organizado atrás e forte en tarefas defensivas, trataba de saír á contra cando recuperaba balón. Aos seis minutos, unha falta ao bordo da área abriu o marcador cun disparo espectacular de Yoel que significou o 1-0. A partir dese momento, o dominio local fíxose máis claro e os goles foron chegando froito da circulación rápida e do acerto ofensivo, alcanzándose o descanso cun claro 5-0.

Na segunda metade, o ritmo baixou lixeiramente, pero os cativos de César mantiveron sempre o control do encontro, sen conceder ocasións e continuando coa súa dinámica ofensiva. Os goles seguiron caendo de maneira progresiva ata pechar o marcador nun 9-0 que reflicte a superioridade mostrada polos locais ao longo de todo o partido.

Clave do partido:
A intensidade inicial imposta polo Ribeira, que marcou o desenvolvemento do encontro desde o primeiro tramo.

Frase de César:
«Gran partido dos nenos que siguen moi enchufados na competicion.»

Próximo rival:
O Ribeira FS Meizoso Fernández visitaria na próxima xornada ao Alto do Vento, nun novo reto para manter o bo nivel mostrado nas últimas semanas, pero o partido está aprazado polas convocatorias da selección Galega de Fútbol Sala

Advertisement