As lucenses sufriron ante un rival moi físico e efectivo, nun partido que serviu para poñer fin á primeira fase da liga.
Infantil Preferente Feminino grupo A1
Narón O Freixo – Ribeira FS 11Teamsports A
Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 0-3
Aliñación: Leire León, Laura Álvarez, Shaila Barreiro, Alba Varela, Daniela Coira
Banquiño: Tania López, Sara López, Aurora García, Aldara López, Carla López, Irene de la Santísima Trinidad
Resumo primeira parte
Na primeira metade, o Ribeira entrou con dúbidas e certa inestabilidade no seu xogo, sorprendido pola intensidade física do Narón O Freixo, que someteu ás lucenses dende o inicio. Ningún dos dous equipos se mostrou especialmente superior, con moitos erros en construción e poucas ocasións claras. Nunha perda perigosa no campo propio, o conxunto local aproveitou para adiantar o marcador, e o encontro chegou ao descanso cun 0-1 apático que non deixou satisfeitas a ningunha das dúas escuadras.
Resumo segunda parte
O Ribeira seguiu traballando defensivamente, pero o cansazo acumulado e a falta de ideas no ataque pasaron factura. Leire multiplicouse baixo paus e mesmo participou na saída de balón, mentres o equipo probaba o xogo de cinco para buscar espazos e sensacións positivas. Cando mellor estaban as visitantes, chegaron dous goles consecutivos do Narón que sentenciaron o duelo. Nos últimos minutos, as pequenas de Luna tiveron dous paus e unha gran ocasión, pero o marcador xa non se movería.
Xogadoras destacadas
Aurora, Sara, Aldara
Clave do partido
Non competir nin física, nin táctica nin tecnicamente afástate de sumar calquera punto.
Frase da adestradora
“Difícil de dixerir esta derrota polas sensacións coas que chegaba o equipo e o bo traballo da semana. Está a custarnos atopar ese carácter competitivo que nesta categoría hai que ter para sumar puntos.”
Próximo enfrontamento Remata a primeira fase da liga á espera do novo calendario.