Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira infantil domina con pegada e goles o derbi alevín feminino

A maior contundencia do Ribeira na segunda parte e a súa solidez defensiva marcaron a diferenza nun encontro cheo de altibaixos

Alevín Preferente Femenina
Ribeira FS En boas máns vs Lugo Sala Dental Arias
Resultado ao descanso: 3–1
Resultado final: 7–1

Aliñación Ribeira: Daniela Quijada, María, Andrea López, Cira, Alba
Banquiño Ribeira: Martina, Candela, Aldara, Claudia, Antía, Paula, Yaisa

Aliñación Lugo Sala: India, Noa, Cande, Judith, Naila
Banquiño Lugo Sala: Sara

Goleadoras:
Ribeira: Martina 2, propia porta, Alba, Candela, Cira e Yaisa
Lugo Sala: Noa

Destacadas da xornada: Ribeira: Yaisa, Martina, Claudia – Lugo Sala: Noa, India, Naila

Resumo do partido:
O partido comezou cun Ribeira FS moi decidido e con claras intencións ao ataque, xerando varias ocasións no inicio que non se materializaron grazas á boa actuación de India baixo paus e algúns disparos que non encontraron porta. No minuto 7, as de Luna abriron o marcador cun erro defensivo do Lugo Sala. Sen embargo, as visitantes reaccionaron e lograron o empate, pero o Ribeira volveu a marcar rápidamente, e puido poñer distancia antes do descanso, tras un gol en propia porta do Lugo Sala. A pesar da desvantaxe, o Lugo Sala non deixou de pelexar e seguiu buscando ocasións.
Na segunda parte, as locais volveron saír con maior intensidade, ampliando a vantaxe con goles de Cira e Yaisa. As pequenas de Luchi, aínda con algúns momentos de mellor xogo, non conseguiron facerlle fronte ao dominio do rival e os peores minutos chegaron cando o Ribeira marcaba outra vez para pechar o partido cun 7–1.

Clave do partido:
Os altos e baixos do partido, no que a maior efectividade do Ribeira e os erros puntuais do Lugo Sala marcaron a diferenza.

Frase de Luna;
Todas as semanas decimos o mesmo pero estas nenas están facendo unha tempada brillante”

Frase de Luchi;
«A pesar da derrota, moi contenta porque comezamos a ver cousas que levamos tempo traballando e tivemos máis ocasións.»

Próximo enfrontamento:
— O Lugo Sala medirá forzas co Lago Sport na última xornada de liga, mentres que o Ribeira FS xogará contra Fisober Dumbría, buscando manter a súa boa forma. Os dous partidos serán o fin de semana do 21-22 de Febreiro, despois do descanso, polas festas do Entroido

Advertisement