Os detalles e as accións clave decidiron un partido máis igualado do que reflicte o 4-1 final
Cadete Masculina
Ribeira Carpintería JDR vs Piringalla Bar O Cruce
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 4-1
Aliñación Ribeira: Juan, Samuel, Mario, Josito, Arrojo
Banquiño Ribeira: Bruno, Erik, Dani, Iago V, Iago F
Aliñación Piringalla: Alejandro, Roni, Adri, Guerreiro, Araujo
Banquiño Piringalla: Aira, Adrián, Nico, Mario, Lucas, Said
Goleadores: Mario (3), Josito (Ribeira) | Guerreiro (Piringalla)
Destacados da xornada: Guerreiro (Piringalla) Alejandro (Piringalla) Roni (Piringalla), destacar tamén o Hat- Trick de Mario polo Ribeira, e o bo facer como bloque dos dous equipos.
Resumo do partido:
O encontro comezou cun golpe temperán da Piringalla, que se adiantou no primeiro minuto tras un saque de banda moi ben executado. O Ribeira tardou uns intres en asentarse, pero tras un tempo morto conseguiu corrixir erros, elevar a intensidade e pasar a dominar o xogo. A pesar de que a Piringalla contou con ocasións claras para ampliar a súa vantaxe, a falta de acerto permitiu aos locais darlle a volta ao marcador antes do descanso, chegando ao intermedio cun 2-1.
Na segunda metade, o Carpinteria JDR mantivo liñas altas e maior control da posesión, mentres que os de Rober apostaban por defender e saír con perigo á contra. O momento decisivo chegou cunha acción clave: expulsión de Adrián e penalti a favor do Ribeira, que Mario transformou para poñer o 3-1. Ese golpe resultou determinante. A Piringalla tentou reaccionar, incluso empregando o porteiro-xogador nos minutos finais, xerando perigo e ocasións claras, pero sen premio. Xa co rival envorcado, os de Iago sentenciaron co 4-1 definitivo, nun tramo final no que o marcador non reflicte por completo a igualdade vivida durante moitos minutos.
Clave do partido:
O acerto do Ribeira nos momentos de ruptura do encontro, especialmente tras a acción do penalti e a expulsión, que marcou o desenvolvemento da segunda parte.
Expulsión:
Adri (Piringalla)
Iago (Ribeira):
«3 puntos importantes para alonxarnos da zona baixa e para recuperar confianza.»
Rober ( Piringalla):
«Gran traballo de todo o equipo que mereceu máis, agora a seguir traballando e esperar ese punto de sorte que nos falta.»
Próximo rival:
- O Ribeira tiña previsto desprazarse a Santiago para xogar ante o Alto do Vento, pero o encontro figura como suspendido polas convocatorias das seleccións galegas.
- A Piringalla recibirá na vindeira xornada ao Caranza FS.