Os lucenses competiron a gran nivel pero a eficacia do Troula decidiu o encontro
Cadete Preferente Masculina
Ribeira FS Carpintería JDR vs. Troula Betanzos
Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 1-6
Alineación: Erik, Samuel, Mario, Pablo, Bruno.
Banquillo: Aaron, Iago V, Juan, Josete, Nacho.
Goleadores: Pablo.
Destacados da xornada:
Pablo, Samuel, Erik.
Resumo do partido:
O Ribeira FS Carpintería JDR afrontou o partido con personalidade e sen complexos fronte ao segundo clasificado da liga. Na primeira parte, os lucenses mostraron unha defensa moi sólida en media pista e competiron de ti a ti durante os 25 minutos, xerando ocasións claras que non conseguiron transformar, incluíndo dous disparos á madeira e unha superioridade de 4 para 3 que non puideron aproveitar. Cando todo semellaba encamiñado ao 0-0, unha xogada a balón parado a falta de só 20 segundos para o descanso significou o 0-1.
A saída de vestiarios mantivo a mesma versión competitiva dun Ribeira decidido, que atopou o premio ao seu esforzo no gol de Pablo, establecendo o 1-1. Co partido aberto, o Troula aproveitou dúas transicións para poñerse 1-3. Os pupilos de Iago lanzaronse ao ataque co porteiro xogador buscando recortar distancias, pero o risco non obtivo recompensa e os visitantes anotaron tres goles máis ata o 1-6 final. O resultado foi duro e non reflicte o bo nivel de xogo e competitividade mostrada durante gran parte do encontro polos lucenses.
Clave do partido:
A eficacia do Troula Betanzos volveu condenar a un Ribeira desacertado de cara ao gol, malia o bo xogo desenvolvido durante boa parte do encontro.
Frase de Iago :
«Toca aprender da derrota e seguir traballando para correxir os erros cometidos»
Próximo enfrentamento:
Lugo Sala, un derbi sempre emocionante entre dous grandes conxuntos, no que o Ribeira buscará volver á senda positiva apoiándose nas boas sensacións de xogo mostradas.