O equipo mantivo opcións reais de remontada ata os últimos minutos, pero o tramo final decantou o encontro.
Alevín Preferente Masculina
Ribeira FS Autocares Álvarez – Troula Betanzos
Resultado ao descanso: 0-2
Resultado final: 2-8
Alineación: Iker , Luca Bande, Manu Murado, Mauro Bande, Pablo Rodríguez
Banquiño: Luka Revaldería, Aarón, Eric, Fabio, Hugo Lanzos, Martín Fernández, Thiago
Goleadores: Pablo Rodríguez (2)
Destacados da xornada:
- Pablo Rodríguez 2. Mauro Bande 3. Martín Fernández
Resumo do partido:
O Ribeira FS Autocares Álvarez asinou unha primeira metade de enorme intensidade e orde defensiva, cun plan claro: non encaixar cedo. E cumpriuse con nota. O equipo mantívose moi sólido atrás, saíndo con perigo ás contras, e incluso gozou da primeira gran ocasión do encontro, cun tiro de Mauro Bande ao pau. O Troula dominaba a posesión, pero os lucenses resistian con moita seriedade, ata que unha xogada individual puxo o 0-1. O golpe non descompuxo ao equipo, que seguiu cun bloque moi disciplinado atrás, aínda que un erro defensivo no tramo final fixo chegar ao descanso co 0-2.
Na segunda parte, os de Betanzos sorprenderon con porteiro/xogador desde o inicio e fixeron o 0-3. Lonxe de afundirse, o Ribeira reaccionou de forma brillante, tomou o mando do xogo e recurtou distancias ata o 2-3 con dous auténticos trallazos de Pablo Rodríguez desde lonxe. Quedaban oito minutos e o equipo cría firmemente na remontada, pero outra xogada individual do equipo visitante puxo o 2-4, e ese tanto si resultou determinante. A partir de aí, o equipo acusou o golpe e nos últimos minutos encadénanse catro tantos máis ata o 2-8 definitivo. Pese ao marcador, o nivel competitivo foi dos mellores da tempada.
Clave do partido:
A calidade individual de un par de xogadores do Troula foron determinantes.
Frase de César:
“Pese ao abultado do resultado, foi dos partidos que mellor competimos contra un gran rival de moita calidade.”