Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira F.S. Autocares Álvarez cae con honores ante o Narón na Preferente alevín masculina

O Ribeira F.S. Autocares Álvarez competiu a gran nivel ante un dos equipos máis fortes da categoría, pero a falta de acerto nos metros finais deixou sen premio o bo traballo dos de César, que perderon por 1-3 fronte ao Narón Freixo.

Alevín Preferente Masculina
Ribeira F.S. Autocares Álvarez – Narón Freixo

Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 1-3

Aliñación: Thiago , Pablo Rodríguez, Manu Murado, Luca Bande, Martín Fernández
Banquiño: Luka Revaldería, Aarón, Eric, Mauro, Fabio, Iker

Goleadores: Pablo Rodríguez

Resumo do partido;
Primeira metade moi equilibrada entre dous conxuntos que apostaron por esperar en media pista e saír con perigo ás contras. O Narón adiantouse cun gran disparo exterior do seu capitán, pero o Ribeira reaccionou de inmediato, nunha falta ao borde da área, Pablo Rodríguez marcou cun potente lanzamento directo, para poñer o empate no eléctronico . Ese gol deu confianza aos de César, que dominaron o tramo final do período, aínda que sen acerto de cara á portería rival.
O encontro mantivo a mesma intensidade tras o paso polos vestiarios, pero un erro nun saque de banda propio, permitiu ao Narón poñerse por diante co 1-2. Durante varios minutos o rival controlou o xogo e ampliou a vantaxe cunha gran acción individual (1-3). Lonxe de renderse, o Ribeira tirou de carácter e tivo varias ocasións moi claras para recurtar diferenzas e incluso empatar, pero a falta de puntería evitou un resultado mellor.

Xogadores destacados:
Pablo Rodríguez, Luka Revaldería, Luca Bande

Clave do partido: A falta de acerto nos metros finais, que impediu que o bo traballo colectivo se reflectise no marcador.

Frase de César: “Seguimos mellorando defensivamente, temos que ter máis acerto de cara ao gol se queremos sumar puntos.”

Próximo enfrontamento:
O Ribeira F.S. Autocares Álvarez afrontará agora un dos derbis da nosa cidade ante o Casás, que chega con tres puntos tras a súa primeira vitoria. O Ribeira, con catro puntos, buscará romper a súa dinámica de dúas derrotas seguidas e volver sumar nun partido especial con sabor a rivalidade local.

Advertisement