Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira En Boas Mans sabe sufrir para sumar tres puntos en Sarria

A eficacia final e a resposta do banquiño decidiron un partido trabado

Preferente Infantil Feminina
Meigallos vs Ribeira 11teamsports B

Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 0-3

Alineación: Cira, Nerea, Lola, Alba, Andrea
Banquiño: Daniella, Candela, Paula, Esther, Elena

Goleadoras: Paula, Nerea, Elena
Destacadas da xornada: Candela, Alba, Paula

Resumo do partido:
O encontro comezou cun Ribeira incómodo e sen atopar boas sensacións sobre a pista. Esa mala posta en escena deulle ás a Meigallos, que gozou das primeiras ocasións e fixo sentir que o gol local estaba preto. Sen sinais claros de mellora, os cambios foron determinantes para achegar aire fresco, recuperar a iniciativa e equilibrar o partido. Aínda que o control foi aumentando, o tanto non chegou ata case o descanso, cando Nerea conseguiu abrir o marcador co 0-1. Na segunda metade continuaron as dificultades, con moitos erros non forzados na saída de balón e posesións moi curtas. Co banquiño cheo de alevíns, as xogadoras máis novas deron un paso adiante, foron valentes e realizaron un gran traballo colectivo, axudando a ampliar o marcador e achegar tranquilidade ao equipo. Xa nos minutos finais, as infantís regresaron á pista con ganas de recuperar boas sensacións, e Elena pechou o partido cun gol de estratexia tras asistencia de Nerea, deixando algúns brotes verdes nun encontro complicado.

Clave do partido: Mal partido pero os cambios foron clave.

Frase de Luna:
“Mal partido, estamos nun mal momento pero temos un banquillo que responde e esto é un deporte colectivo, todas suman. A intentar saír desta mala dinámica canto antes e sabemos da calidade deste grupo, a confianza é total.”

Próximo enfrontamento: Na seguinte xornada, o Ribeira En Boas Mans recibirán ao Seguridade Galega 5 Coruña, nun partido importante para seguir medrando como equipo.

Advertisement