Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira En Boas Mans B quedou co botín no derbi ante Meigallos

Gran pegada das de Luna para celebrar unha nova vitoria por 8-1

Preferente Infantil Feminina Gr. 1D
Ribeira En Boas Mans B vs Meigallos
Resultado ao descanso
: 4-0
Resultado final: 8-1

Alineación: Cira, Nerea, Lola, Alba, Andrea
Banquiño: Daniella, Candela, Paula, Esther, Elena
Goleadoras: Lola (2), Nerea (3), Alba, Elena, Andrea
Destacadas da xornada: Candela, Alba, Elena Álvarez

Resumo do partido:
O encontro comezou cun Ribeira En Boas Mans B mandón, cómodo e moi superior desde o primeiro instante. As locais marcaron o ritmo, dominaron a posesión e abriron o marcador moi pronto, ampliando a vantaxe ata o 4-0 ao descanso sen conceder ocasións perigosas. Na segunda metade mantiveron o control do xogo e o temple en ataque, buscando combinacións e xogando en bloque. Froito dunha relaxación puntual chegou o único tanto das sarriás, foi nun balón sen aparente perigo que se coou tras un bote extrano. A reacción das de Luna foi inmediata e o equipo continuou golpeando en ataque ata pechar o partido cun contundente 8-1 que reflicte a súa eficacia de cara portería e o bo traballo colectivo.

Clave do partido: Mal partido pero acertadas na área rival.

Frase de Luna:
“Mal partido porque o nivel do equipo é outro e temos que saber que nos temos que esixir máis xa que a competición non o fai, bo resultado pero moi mellorable o xogo.”

Próximo enfrontamento: As pequenas de Luna viaxan á cidade herculina para xogar contra Seguridade Galega 5 Coruña, nun partido no que buscarán seguir sumando e mellorar sensacións no xogo.

Advertisement