Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira alevín confirma o seu gran momento cun partido moi completo

As lucenses dominan de principio a fin e seguen medrando desde o xogo, a confianza e o disfrute colectivo.

Preferente Alevín Feminina
Ribeira En Boas Máns vs Ventorrillo
Resultado ao descanso: 3-0
Resultado final: 5-0

Alineación: Daniela Quijada, Maria, Andrea López, Cira, Alba
Banquiño: Martina, Candela, Aldara, Claudia, Antia, Paula, Yaisa

Destacadas da xornada: 1. Candela, 2. Antia, 3. Yaisa

Resumo do partido:
O encontro comezou cun Ribeira cheo de confianza, levando a iniciativa e dominando o ataque desde os primeiros minutos. Ventorrillo presentouse cunha versión moi mellorada con respecto á primeira volta, o que fixo que a primeira metade fose vistosa e esixente, obrigando ás locais a asociarse ben e con criterio para chegar á portería rival. O marcador abriuse cun potente golpeo desde lonxe de Alba ante o que nada puido facer a porteira. Pouco despois, Antia atopou a Yaisa no segundo pau para ampliar diferenzas e Andrea pechou o marcador da primeira metade cun terceiro gol que reflectía o bo traballo colectivo.

Na segunda parte, o Ribeira mantivo a determinación e a actitude, perfectamente plantado no partido e aplicando todo o traballado durante a semana. Todas as xogadoras tiveron minutos e foron quen de poñer en práctica o seu xogo, nun encontro moi limpo, con bo ritmo e un arbitraxe acertado. O equipo seguiu xerando ocasións e ampliou a vantaxe ata o 5-0 final, nun partido que serve para reforzar a liña ascendente e as boas sensacións do grupo.

Clave do partido: Desfrutar co balón.

Frase de Luna: “A nivel xogo, dos mellores partidos, están desfrutando moito da tempada e facendo moi boas migas que se reflexa na pista.”

Próximo enfrontamento: O Ribeira FS visitará ao Burela FS nun derbi provincial cargado de emoción, intensidade e ambiente especial, unha proba esixente para seguir medindo o gran momento do equipo.

Advertisement