Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira Carpintería J.D.R. cadete masculino cae pola mínima ante o Laca Sicilia in Bocca (4-3)

Os lucenses loitaron ata o final, pero non puideron superar o muro defensivo santiagués

Laca Sicilia in Bocca – Ribeira Carpintería J.D.R.

Resultado ao descanso: 1-2
Resultado final: 4-3

Aliñación : Erik, Samu, Mario, Josito, Bruno
Banquiño : Nacho, Álvarez, Aaron, Iago V, Iago F, Arrojo, Erik
Goleadores: Iago V 1, Mario 1, Arrojo 1

Resumo 1ª parte:
A primeira metade comezou cun Laca Sicilia replegado nos dez metros, unha proposta defensiva que marcaría o ton do partido. Os composteláns, moi compactos atrás e buscando saídas rápidas, conseguiron adiantarse no marcador tras unha contra ben executada. O Ribeira, lonxe de baixar os brazos, seguiu insistindo con intensidade e acabou atopando premio, logrando darlle a volta ao marcador antes do descanso para poñerse 1-2.

Resumo 2ª parte:
Tras o descanso, o guión mantívose. O Laca Sicilia empatou de novo nada máis comezar cunha nova transición rápida. Aos poucos minutos, os lucenses quedaron cun xogador menos pola expulsión de Samuel, pero o equipo soubo resistir e manter o empate a dous. Xa en igualdade numérica, os santiagueses volveron golpear nunha contra para o 3-2, pero os de Iago responderon de inmediato empatando o encontro. Cando todo parecía apuntar ao reparto de puntos, un novo contragolpe do Laca fixo o 4-3 definitivo. Nos minutos finais, o Ribeira, con porteiro xogador, tivo ocasións moi claras —incluíndo un lanzamento ao largueiro—, pero a falta de acerto e o bo facer do gardameta rival impediron o empate.

Clave do partido:
A sólida defensa do Laca Sicilia, pechado atrás durante 50 minutos, impediu ao Ribeira atopar espazos e sumar puntos en Santiago.

Expulsión:
Samuel

Destacados da xornada:

  1. Juan
  2. Iago V
  3. Erik

Frase do adestrador, Iago :
«Partido no que a intensidade e a persistencia para remar en momentos complicados marcaron as diferenzas entre equipos.»

Próximo rival:
Caranza FS

Advertisement