A pesar dunha gran remontada na segunda parte, o Ribeira FS non puido superar aos ferroláns.
Xuvenil División de Honra
O Parrulo – Ribeira FS Sibuscascoche
Resultado ao descanso: 3-1
Resultado final: 6-5
Aliñación: Hugo, Saúl, David, Hadrian, Tubio
Banco: Pablo, Álvaro, Mateo, Marco, Iker, Miguel, Tubio, Héctor
Goleadores: David, Saúl (3) e Iago
O encontro comezou cun claro dominio dos locais, que, a pesar de non crear moitas ocasións, lograron facerse co control do xogo. O Ribeira FS apenas se achegou á portería rival,nada máis que en xogadas illadas, e viu como dous goles de saque de esquina e un penalti discutido deixaban o marcador en 3-0. Aínda así, antes do descanso, Iago, tras un roubo de balón en campo contrario, fixo o 3-1.
Na segunda parte, os lucenses sairon moito máis ordenados defensivamente e moito máis verticais en ataque. En só catro minutos, Saúl marcou dous goles e fixo o empate 3-3. A partir de aí, o partido foi de ida e volta, co Parrulo recuperando o dominio e adiantándose 4-3. Saúl devolveu o empate co 4-4, pero os ferroláns volveron poñerse por diante, rápidamente David devolveu as táboas ao marcador. A un minuto do final, con 5-5 no marcador, O Parrulo conseguiu marcar o 6-5, xa sin tempo de reacción para os rapaces de Pablo Díaz.
Clave do partido:
A desventaxe de tres goles tan cedo lastrou ao Ribeira, que loitou até o final, pero non puido remontar completamente.
Frase de Pablo Díaz:
«Moi ben competido na segunda parte, tivemos ese empuxe para buscar a remontada que nos faltou outros días.»
Próximo enfrontamento:
O Ribeira FS Sibuscascoche, sen presión, pode exercer de xuíz recibindo ao líder, o Noia Portus Apostoli, que comparte liderado con Inter Sala e San Cristobal, a falta de 5 xornadas.