Os lucenses non logran manter a vantaxe e perden contra Caranza nos últimos minutos
Copa Galicia Cadete; 1ª Fase, Subgrupo A
Caranza FS vs. Ribeira FS Carpintería JDR
Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 3-2
Aliñación: Erik, Samuel, Nacho, Mario, Hugo.
Banco: Juan, Bruno, Josito, Pablo A, Josete, Dani.
Goleadores: Mario e Bruno .
Na primeira metade, Caranza adoptou unha defensa repregada en busca de contras rápidas, dificultando o ataque dun Ribeira que, malia as ocasións, non logrou imprimir ritmo ao xogo. Os lucenses conseguiron adiantarse no último minuto, chegando ao descanso cun 0-1.
Xa na segunda parte, os de Iago gozaron de máis ocasións, pero atoparonse cos paus e co porteiro rival. Os locais empataron o partido tras un contragolpe e, pouco despois, o Ribeira volveu adiantarse cun gol ao segundo pau. Cos ferroláns xogando con porteiro xogador, os visitantes sufriron e viron como, en dous minutos, os locais remontaron o partido. A pesar de tentar o porteiro xogador, o Ribeira non conseguiu empatar e a derrota foi inevitábel.
Clave do partido:
A lentitude no ritmo do partido e os erros de cara ao gol condenaron a un Ribeira que se viu superado nos últimos minutos.
Frase de Iago:
«Cando se perdoa págase e nós hoxe perdoamos de cara a gol e estivemos faltos de intensidade. Toca aprender.»Próximo enfrontamento:
O Ribeira FS xogará os oitavos de final da Copa contra o AX Saraiba de Sanxenxo, buscando