Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira cadete pelexa e leva os tres puntos tras unha gran segunda metade

Os lucenses melloran no segundo tempo e estreanse con vitoria na Copa Galicia

Cadete masculino, Copa Galicia Subgrupo 1A
Lago Sport vs. Ribeira FS Carpintería JDR
Resultado ao descanso: 2-2
Resultado final: 3-5

Alineación: Erik, Samuel, Pablo, Mario, Bruno.
Banquillo: Iago V, Nacho, Hugo, Dani.
Goleadores:
Mario 2, Samuel e Bruno 2.
Destacados da xornada:
Bo traballo de todos, destacando os dobretes de Mario e Bruno.

Resumo do partido:
O Ribeira FS Carpintería JDR comezou dominando nunha primeira parte lenta e sen ritmo, ante un Lago Sport moi ben repregado e ordeado en media pista, dificultando os ataques dos lucenses. A pesar das boas labores defensivas do rival, os lucenses lograron adiantarse no marcador tras unha xogada colectiva. Os ponteses reaccionaron rapidamente, e na súa primeira ocasión conseguiron igualar o partido. O equipo de Iago volveu adiantarse cun gol a balón parado, pero a piques de chegar ao descanso, un erro defensivo fixo que os locais empatasen de novo.

Na segunda parte, o Ribeira mellorou o seu ritmo de xogo, aumentando a velocidade das xogadas pero mantendo a orde. Os lucenses foron quen de materializar o dominio no marcador co 2-3. Lago Sport subiu a súa defensa, deixando espazos, que os visitantes aproveitaron ao máximo, logrando o 2-5 grazas a un bo xogo colectivo, combinado con algunas accións individuais, destacando un gran tanto de Mario no minuto 47. Os locais intentaron recortar distancias ao final, pero só conseguiron poñer o 3-5 definitivo no último minuto.

Clave do partido:
O Ribeira sacou adiante os tres puntos grazas a unha gran segunda metade.

Frase de Iago:
«Cústounos arrancar, pero na segunda metade estivemos cómodos e fomos quen de levar o partido ao noso terreo pese á falta de gol que temos en comparación ás ocasións das que gozamos.»

Próximo enfrentamento:
Os rapaces de Iago reciben ao Parrulo na segunda xornada de Copa.

Patrocinio