Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira cadete levanta a cabeza e regala unha segunda parte gloriosa

A pesar de non lograr a clasificación para o Galego, as xogadoras do Ribeira saen reforzadas tras unha tempada impresionante

Cadete Preferente Feminina
Lago Sport vs Ribeira FS 11teamsports
Resultado ao descanso: 2-0
Resultado final: 2-5

Aliñación;  Saínza, María Granero, Nerea, Alma, Antía
Banquiño; Candela, Cloe, Xenia, Leire, Shaila, Uxue, Sara López
Goleadoras: Nerea (3), Alma (1)
Destacadas da xornada: 1) Nerea, 2) Alma, 3) María

Resumo do partido:
O Ribeira sabía que o seu destino para a clasificación ao Campeonato Galego dependía de gañar e agardar o resultado do Lugo Sala. O comezo do partido foi complicado, cunha saída en falso que deixou ás lucenses por debaixo no marcador 2-0. Sen embargo, o equipo non perdeu a esperanza e, tras os primeiros minutos de desconcerto, comezou a reaccionar, facendo seu xogo e controlando o balón. A pesar de que chegaron ao descanso co 2-0, a mentalidade mudou completamente ao volver do vestiario. Coa charla de Cabanas, as xogadoras saíron coas ideas claras e, pouco a pouco, foron facendo caer os goles, cunha remontada espectacular. O 2-4 chegou a falta de poucos minutos, pero aínda así, a clasificación non se concretou trala vitoria do Lugo Sala en Vilalba. A tempada do Ribeira, é de merito, sendo o único equipo que dobregou ao líder o Castro FSF, e pecharán a liga cunha sensación moi positiva. Na última xornada, se logran un punto, quedarán coa terceira posición da táboa.

Clave do partido: a defensa individual.

Frase de Cabanas: “Moi contento das rapazas.”

Próximo enfrontamento: O Ribeira xoga o último partido de liga regular contra o Narón Freixo, xa coa vista posta na Copa, onde compartirá grupo co Lugo Sala e O Parrulo.

Advertisement