Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira B infantil feminino inaugurou a conta de vitorias no derbi ante Castro

As de Luna asinaron o mellor partido da tempada, con dominio, carácter e unha Nerea imparable

Ribeira En Boas Mans vs Castro FSF
Preferente Infantil Femenina – Gr. 1B
Resultado ao descanso: 2-0
Resultado final: 3-2

Goles do Ribeira En Boas Mans, Nerea Rodríguez (2) – Lola Zapata

Destacadas da xornada:

  1. Nerea Rodríguez
  2. Lola Zapata
  3. Daniela Quijada

Resumo 1ª parte:
Partido frenético entre dous equipos que se coñecen á perfección, con intensidade e bo xogo dende o primeiro minuto. O Ribeira completou os mellores vinte minutos da tempada, cun rendemento sobresaínte en todas as facetas: defensa sólida, boa circulación e gran lectura táctica. Dous goles en xogadas de estratexia fixeron xustiza ao dominio local e puxeron ao Castro nun escenario moi esixente.

Resumo 2ª parte:
Na reanudación, as de Luna seguiron controlando o xogo con moita personalidade e sen acusar o cansazo doutras xornadas. O Castro tentou reaccionar mediante accións individuais, pero o traballo das pívots capitalinas foi impecable, anulando as súas opcións. Unha Nerea brillante volveu tirar do equipo e, a falta de dous minutos, unha xogada perfecta de pívot de Lola acabou no gol da vitoria. As visitantes apostaron polo xogo de cinco, pero as locais souberon xestionalo con intelixencia e corazón. O Ribeira logrou así os seus primeiros tres puntos, reflectindo o bo traballo e a evolución do grupo.

Clave do partido:
O nivel colectivo do equipo nun reto maiúsculo: todas as xogadoras sumaron e estiveron espléndidas.

Frase de Luna:
«Unha semana máis demostrannos que o teito do grupo é inmenso. A clasificación non reflexa onde merecen estar, pero temos que seguir nesta liña e traballar en nós; o externo non nos interesa.»

Próximo rival:
Os Meigallos  — un novo desafío a domicilio no que o Ribeira buscará dar continuidade ao seu gran momento de xogo e confianza.

Advertisement