Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira Autocares Álvarez alevín masculino quedou ás portas dos puntos en Ames

O Ribeira F.S. Autocares Álvarez protagonizou un auténtico partidazo en Ames ante o Codima, caendo por un axustado 5-4 nun encontro de moito ritmo e emoción no que os lucenses mereceron, polo menos, un punto.

Codima Ames Sport – Ribeira F.S. Autocares Álvarez
Alevín Preferente
Resultado ao descanso: 0-0
Resultado final: 5-4

Aliñación: Iker Giraldo (P), Pablo Rodríguez, Manu Murado, Luca Bande, Fabio Álvarez
Banquiño: Luka Revaldería, Aarón, Eric, Mauro, Martín Fernández, Thiago Rojo (P)

Goleadores: Manu Murado (2), Pablo Rodríguez, Luca Bande

Resumo primeira parte:
Primeira metade moi seria por parte do Ribeira, que estivo sólido en defensa e aguantou a presión alta dun Codima moi intenso. Os de César amosaron orde e serenidade, creando perigo a base de rápidas contras, aínda que a falta de acerto impediu que se adiantasen no marcador. O 0-0 ao descanso foi reflexo dun gran traballo defensivo colectivo.

Resumo segunda parte:
A dinámica mantívose tralo descanso, pero mediada a segunda metade o Ribeira pasou por catro minutos de desconexión nos que encaixou tres goles que parecían definitivos. Lonxe de renderse, o equipo reaccionou con carácter, subindo a presión e conseguindo empatar o partido (3-3) a falta de menos de dous minutos. A mala fortuna apareceu cando, tras unha ocasión clarísima para o 3-4, o Codima respondeu cunha contra e fixo o 4-3, ampliando segundos despois ao 5-3. Os lucenses seguiron loitando e recurturtaron distancias con Manu Murado (5-4), pero o tempo esgotouse tras outra boa ocasión no último segundo.

Xogadores destacados:
Manu Murado, Pablo Rodríguez, Aarón Peinado

Clave do partido: Os cinco minutos de desconexión na segunda metade que castigaron un partido moi completo por parte do Ribeira.

Frase de César: “Gran partido no que creo que merecíamos o empate, pero non houbo sorte. O equipo pouco a pouco segue medrando.”

Próximo enfrontamento:
O Ribeira F.S. Autocares Álvarez recibirá ao Narón Freixo, un dos equipos máis potentes da categoría e que chega con boas sensacións. Será un novo desafío para seguir demostrando a progresión do grupo e consolidar o bo xogo amosado nas últimas xornadas.

Advertisement