Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira alevín remonta un 2-4 para empatar fronte ao Fisober

Despois dunha remontada épica, as lucenses logran un empate que demostra o seu carácter e crecemento durante a tempada.

Preferente Alevín Feminina
Ribeira En Boas Máns vs Fisober FSF

Resultado ao descanso: 2-4
Resultado final: 4-4

Alineación: Daniela Quijada, Candela, Andrea López, Cira, Alba
Banquiño: Martina, Maria, Aldara, Claudia, Antia, Paula, Yaisa

Goleadoras: Cira (3), Candela
Destacadas da xornada: 1. Alba, 2. Cira, 3. Candela

Resumo do partido:
O encontro comezou con moita intensidade e dous equipos decididos a loitar polos tres puntos, fundamentais na loita pola segunda praza. O Ribeira abriu o marcador cunha Cira que xogaba en posición de pivote, atopando moitos espazos e marcando un golazo. Fisober, sen embargo, aproveitou algúns erros puntuais das locais e, grazas a dúas contras letais, acadou un marcador favorable de 2-4 ao descanso.

Na segunda parte, o Ribeira saíu cos ánimos renovados, mellorando na defensa e xogando cunha versión máis sólida. O partido converteuse nunha verdadeira batalla pola remontada, con ocasións para ambos os equipos. A falta de acerto das lucenses fixo que o tempo correra sen poder lograr o gol que reducira as distancias, pero nunha acción de estratexia, Cira volveu aparecer e fixo o 3-4. As visitantes tentaban defender o resultado, pero Candela, a falta de un minuto, anotaba o gol do empate. O Ribeira merecía a vitoria polo seu xogo e a súa entrega, pero o empate foi o resultado final.

Clave do partido: Saber crecer e madurar na adversidade.

Frase de Luna:
“Este grupo exemplifica cada semana o significado de deporte en equipo, pero hoxe quédome coas nenas do banquiño animando no minuto 39, moitas de elas sen xogar. Este é o noso equipo e eu non podo estar máis orgullosa de pertencer a él, grazas e noraboa a todas estas pequenas guerreiras.”

Próximo enfrontamento:
O Ribeira xogará a vindeira semana en As Pontes, no que será o derradeiro partido de liga regular contra LagoSport, buscando meterse entre as tres primeiras da clasificación.

Advertisement