Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira alevín non pode co poderío físico do AD Codima

A pesar de loitar ata o final, a superioridade física do rival foi determinante no resultado.


Alevín Preferente Masculina
Ribeira FS Autocares Álvarez – AD Codima Santiago
Resultado ao descanso: 0-3
Resultado final: 1-5

Alineación: Thiago, Luca Bande, Manu Murado, Martín Fernández, Pablo Rodríguez
Banquiño: Luka Revaldería, Mauro Bande, Arthur, Aarón Peinado, Hugo Lanzos, Eric Marqués
Goleadores: Luca Bande
Destacados da xornada: 1. Luca Revaldería, 2. Martín Fernández, 3. Luca Bande

Resumo do partido:
O Ribeira FS Autocares Álvarez comezou o partido ben asentado, sen crear moito perigo pero tampouco permitindo que o rival chegase con comodidade. A primeira parte estivo marcada pola igualdade no xogo, con ambos equipos apretando arriba e xogando balóns en largo, pero con dificultades para materializar. Os santiagueses aproveitaron a súa altura e forza física para marcar un gol afortunado dende campo contrario, o que desestabilizou aos de César. En pouco tempo, encaixaron dous goles máis e chegaron ao descanso cun 0-3 en contra.

Na segunda metade, o equipo seguiu loitando pero os visitantes  impuxerónse físicamente. Tralo 0-4 e o 0-5, o Ribeira non baixou os brazos e comezou a xogar mellor, xerando algunhas ocasións. A falta de acerto e a superioridade física rival fixeron que a remontada fose moi difícil, pero, nunha gran xogada de equipo, Luca Bande logrou marcar o gol do honra, finalizando o partido cun 1-5.

Clave do partido:
O poderío físico do rival.

Frase de César:
«Contento cos peques que deixaron todo no campo a pesar dos resultados adversos. Seguiremos traballando a tope para intentar sumar.»

Próximo enfrentamento:
Narón Freixo será o seguinte rival dos pequenos de César, nun partido importante para continuar mellorando.

Advertisement