Connect with us

Fútbol Sala

O Ribeira Alevín mereceu máis, pero o premio escapou no último suspiro

Gran actuación dos alevíns, con dominio e ocasións, pero sen premio completo

Alevín Preferente Masculina
Ribeira Autocares Álvarez vs Hércules FS
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 2-2

Aliñación: Thiago , Luca Bande, Manu Murado, Martín Fernández, Pablo Rodríguez
Banquiño: Luka Revaldería, Mauro Bande, Arthur, Fabio Álvarez, Aaron, Iker

Goleadores: Pablo Rodríguez (2)

Destacados da xornada: 1.Pablo Rodríguez 2.Manu Murado 3.Luca Bande

Resumo do partido:
O Ribeira Autocares Álvarez entrou ao partido con certo respecto ante o Hércules, que comezou dominando e avisou en dúas accións individuais con disparos lonxanos que se estrelaban no pau. Superado ese primeiro susto, os locais fóronlle collendo o pulso ao encontro e pasaron a dominar o xogo, xerando ocasións claras e mostrando solidez defensiva. Nunha boa acción ofensiva, Pablo Rodríguez foi derrubado dentro da área e transformou o penalti para facer o 1-0. A alegría durou pouco, xa que dous minutos máis tarde, nun despiste defensivo tras un balón longo, o Hércules igualou o marcador pouco antes do descanso.

Na segunda metade, o Ribeira asinou os mellores minutos do partido. A presión foi moi alta, as recuperacións constantes e as ocasións sucedéronse unha tras outra, incluíndo unha a porta baleira que non atopou premio. O Hércules viuse obrigado a xogar en longo, sen apenas xerar perigo máis alá de disparos afastados. A falta de tres minutos, Mauro entrou na área e foi obxecto de penalti, que Pablo Rodríguez volveu converter para poñer o 2-1. Co tempo case cumprido, os visitantes apertaron e, a falta de 20 segundos, unha falta a dez metros acabou nun despiste defensivo que supuxo o 2-2 definitivo, deixando un sabor moi amargo tras o gran esforzo do equipo.

Clave do partido:
O desacerto en ocasións moi claras, que impediu pechar un encontro amplamente dominado polos locais.

Frase doe César:
«Outro partido que se nos escapan os puntos. Competimos xenial pero a falta de gol condénanos.»

Próximo rival:
O Ribeira Autocares Álvarez visitará na vindeira xornada ao O Esteo, coa intención de transformar o bo xogo en vitorias.

Advertisement