Na segunda xornada da Copa Federación, o equipo infantil masculino do Millavén CP Lucense caeu derrotado por 19 a 29 fronte ao Liceo, nun partido no que os visitantes impuxeron o seu maior poderío físico dende os primeiros compases.
A pesar da diferenza no marcador, os lucenses demostraron un gran esforzo colectivo e intensidade durante os 50 minutos de xogo. O Millavén completou unha primeira metade con 8 goles e mellorou as súas prestacións na segunda, sumando 11 tantos, mostrando bo ritmo ofensivo e unha notable actitude competitiva en todo momento.
Destacaron no apartado goleador Óscar e Mario, con 6 goles cada un, sendo os principais referentes no ataque local. Tamén contribuíron ao marcador Aryan e Hugo (2 goles cada un), así como Nuno, Breixo, Víctor e Ernesto, con 1 tanto por cabeza.
O equipo, a pesar da derrota, continúa medrando como grupo e evidenciou na pista o traballo constante que veñen realizando nos adestramentos. Un partido para aprender e seguir medrando con vistas ás vindeiras citas da competición.
Alineación do Millavén CP Lucense (19):
Martín, Rayan; Óscar (6), Nuno (1), Sergio, Andrés, Mario (6), Breixo (1), Víctor (1), Aryan (2), Hugo (2), Ernesto (2), Nico.