O conxunto dirixido por Juan impúxose por 4-3 ao LagoSport nun encontro moi igualado, no que destacaron a entrega, o esforzo colectivo e o golazo de Alex de la Peña na súa primeira convocatoria.
Alevín Preferente Masculina
Piringalla – LagoSport
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 4-3
Aliñación ; Thiago , Martiño, Mateo, Izan, Pelayo
Banquiño: Lucas, Samu (PO), Sergio, Nico, Lozano, Alex de la Peña
Goleadores ; Mateo, Izan, Alex de la Peña, Lucas
Destacados da xornada:
- Pelayo
- Lozano
- Mateo
O Piringalla Alevín Masculino viviu unha mañá de fútbol sala chea de emocións, conseguindo unha traballada vitoria por 4-3 ante o LagoSport. O partido comezou con boas sensacións para os locais, que dominaron boa parte da primeira metade. Un erro na saída de balón fixo que o rival se adiantase, pero os de Juan reaccionaron con carácter, remontando o marcador antes do descanso e xerando varias ocasións claras para ampliar a vantaxe, aínda que a falta de acerto mantivo o resultado axustado.
Na segunda parte, o ritmo mantívose alto e o encontro converteuse nun auténtico intercambio de golpes. Alex de la Peña, na súa primeira convocatoria co equipo, marcou un auténtico golazo que ampliou a distancia, pero o LagoSport respondeu con outro gran tanto que volveu apertar o marcador. A historia repetiríase minutos despois: outro gol visitante e a Piringalla obrigada a sufrir ata o final. Nos últimos compases, con cinco faltas acumuladas, o equipo amosou madurez e oficio para conservar a vantaxe e sumar os tres puntos.
A clave do partido estivo na intensidade e na solidariedade defensiva do grupo. Cun pouco máis de eficacia, os lucenses poderían ter vencido con máis comodidade, pero demostraron carácter e concentración cando máis falta facía.
O adestrador Juan destacou ao remate: “Orgulloso da intensidade durante todo o partido, temos que seguir traballando para non sufrir tanto.”
O Piringalla Alevín Masculino afrontará a próxima xornada ante o Troula Betanzos, coa intención de prolongar as boas sensacións e seguir crecendo como equipo.