Connect with us

Fútbol Sala

O Parrulo eclipsou a estrea de Lugo Sala Dental Arias na Preferente alevín feminina

As lucenses acusaron os nervios do primeiro partido de liga e caeron por 16-1 ante un conxunto ferrolán máis feito e cun xogo moi elaborado.

O Parrulo – Lugo Sala Dental Arias
Alevín Preferente Feminino

RESULTADO AO DESCANSO: 9-0
RESULTADO FINAL: 16-1

ALIÑACIÓN: India, Judith, Abby, Sara, Catalina
BANQUIÑO: Candela, Naila

GOL: Catalina

RESUMO PRIMEIRA PARTE:
As lucenses notaron os nervios e a falta de experiencia na categoría. O equipo non conseguiu atoparse cómodo nin en defensa nin coa pelota, e encaixou varios goles moi cedo que afectaron o ánimo das xogadoras, deixando o marcador moi desfavorable ao descanso.

RESUMO SEGUNDA PARTE:
Tras o paso polos vestiarios, o Lugo Sala tratou de manter a orde e poñer en práctica o traballo da pretempada. Co paso dos minutos, as xogadoras fóronse soltando algo máis e conseguiron o seu único gol do encontro, obra de Catalina. En fronte tiveron a un Parrulo con maior dominio e ritmo de xogo, que acabou impoñéndose con claridade.

XOGADORAS DESTACADAS: Catalina, Judith, Abby

CLAVE DO PARTIDO:
Non desesperarse e seguir traballando con paciencia. Luchi insistiu en que o equipo ten moito marxe de mellora e que o importante agora é ir collendo confianza e ritmo competitivo.

FRASE DE LUCHI: “Temos moito traballo por diante”

PRÓXIMA XORNADA:

Na seguinte xornada tocaba xogar ante o Amarelle, equipo retirado da competición, polo que o Lugo Sala Dental Arias descansará e volverá á pista en dúas semanas, fóra da casa, ante o F.S.F. Castro

Advertisement