O Infantil Feminino do Millavén non logra atopar continuidade en Coruña e cede ante un OAR máis regular.
Non sempre chega con reaccionar. O Infantil Feminino do Millavén CP Lucense comprobouno na súa visita ao OAR, nun encontro no que foi a remolque desde os primeiros minutos e no que as locais souberon administrar mellor as súas vantaxes.
O arranque marcou o rumbo do partido. As coruñesas entraron con máis intensidade e acerto, abrindo unha fenda inicial que obrigou ás lucenses a remar contra corrente. Millavén conseguiu estabilizar o xogo e achegarse no marcador, pero o descanso chegou cun 14-9 que reflectía esa diferenza inicial.
Tras o paso polos vestiarios, o guión repetíuse. O OAR volveu golpear de saída, ampliando a renda ante un Millavén que tardou en atopar ritmo ofensivo. Co paso dos minutos, as lucenses melloraron prestacións e lograron recortar distancias nos compases finais, aínda que sen tempo suficiente para cambiar o signo do encontro. O marcador pechouse no 26-14.
En ataque, Lola asumiu o protagonismo con 7 goles, mentres que Lina (4) e Aicha (3) completaron a produción anotadora. Aldara e Valentina defenderon a portería nun partido no que tamén tiveron minutos Carlota, Natalia, Iria e Jimena.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Aldara e Valentina; Aicha (3), Carlota, Natalia, Iria, Lola (7), Jimena e Lina (4).
Árbitros: Martina Regueiro e Jorge Sánchez.