Connect with us

Balonmán

O Millavén infantil masculino impón o seu ritmo e asina unha vitoria contundente ante Arteixo

O equipo infantil masculino do Millavén CP Lucense sumou un novo triunfo tras superar con claridade ao BM Arteixo por 33-21, nun encontro no que os lucenses amosaron solidez, intensidade e unha gran eficacia ofensiva.

Millavén CP Lucense 33 (13+20): Martín, Rayan e Lucas; Óscar (7), Nuno (1), Leo, Andrés (1), Breixo (5), Víctor (6), Aryan (2), Dylan (1), David, Hugo F., Hugo L. (3), Ernesto (5) e Nico (2).
Árbitro: Nicolás Núñez.

O partido comezou igualado, cun primeiro tempo moi competido no que o Millavén mantivo sempre a vantaxe no marcador, chegando ao descanso cun 13-10 a favor grazas ao seu traballo defensivo e á boa circulación de balón.

Na segunda metade, o conxunto lucense deu un paso adiante. A defensa intensificouse, o equipo recuperou balóns e, con rapidez nas transicións, foi ampliando a diferenza ata pechar o encontro cun parcial de 20-11, que deixou o marcador final en 33-21.

Foi unha vitoria moi completa, sustentada na seriedade defensiva, o xogo en equipo e a aportación goleadora repartida entre varios xogadores. Co triunfo, o Millavén CP Lucense mantense no grupo de cabeza e confirma as boas sensacións dun equipo que segue medrando partido a partido.

Advertisement