Connect with us

Balonmán

O Millavén CP Lucense Xuvenil Masculino volveu á senda do triunfo

Vitoria contundente, superando con claridade ao BM Sanxenxo (51-22).

Xuvenil Masculino | Millavén CP Lucense 51 – BM Sanxenxo 22

Alineación: Martín, Álex, Lucas (13), Adri (10), Rodrigo (7), Víctor (4), Feijoo (4), Amir (2), Miguel (1), Álvaro (1), Xan (1) e Hugo.
Árbitro: José López.

O conxunto lucense saíu moi enchufado desde o inicio, coa intención de reivindicarse tras o tropezo ante o Atlántico. A intensidade inicial, tanto en defensa como en ataque, marcou o ritmo do encontro. O Millavén impuxo un xogo rápido e efectivo, que lle permitiu chegar ao descanso cunha cómoda vantaxe de dezaseis goles (27-11).

Na segunda metade, o equipo mantivo a concentración e o control total do partido, sen ofrecer opcións ao rival. O parcial de 24-11 nos segundos trinta minutos reflectiu o dominio lucense, que fixo desfrutar ao seu público cun resultado final de 51-22.

Entre os máis destacados estiveron Lucas, máximo goleador con 13 tantos, e Adri, que completou unha gran actuación con 10 goles, acompañados pola eficacia de Rodrigo (7) e o traballo colectivo de todo o equipo.


Advertisement