Connect with us

Balonmán

O Millavén CP Lucense xuvenil masculino debutou inaugrou a tempada con vitoria

O Millavén CP Lucense Xuvenil Masculino iniciou a súa andaina na Liga Plata Grupo B cunha vitoria rotunda fronte ao ED Poio Artai, nun encontro dominado de principio a fin polos lucenses.

Liga Plata Xuvenil Masculina – Grupo B
ED Poio Artai 16 – Millavén CP Lucense 34
Descanso: 8–18
Lugar: Pavillón de A Seca (Poio)

Desde os primeiros compases, o Millavén impuxo un ritmo alto e unha defensa moi concentrada, evitando calquera tipo de sorpresa no Pavillón de A Seca. A intensidade e o acerto ofensivo permitiron ao conxunto lucense abrir brecha de maneira progresiva, chegando ao descanso cunha cómoda vantaxe de dez goles (8–18).

Na segunda metade, o guión do partido apenas variou. O Millavén CP Lucense mantivo o control total do xogo, administrando con intelixencia a súa renda e mostrando unha gran cohesión tanto na circulación de balón como nas transicións rápidas. O equipo dirixido con solvencia non deu opción ao Poio, que se viu superado pola solidez defensiva e a eficacia dos visitantes.

O resultado final de 16–34 reflicte a superioridade dun Millavén que comeza a tempada con moi boas sensacións, confirmando o seu potencial e deixando claro que será un dos candidatos a pelexar polos postos altos da clasificación.

Advertisement