Actuación moi completa do Millavén para superar con autoridade ao BM Atlántico.
O Cadete Masculino do Millavén CP Lucense volveu á senda da vitoria tras un partido moi serio ante o BM Atlántico, no que os lucenses foron de menos a máis ata acabar dominando con claridade.
Os primeiros minutos estiveron marcados pola igualdade, con ambos equipos intercambiando goles. Porén, mediada a primeira metade, o Millavén deu un paso adiante, mellorando o seu rendemento nas dúas áreas e logrando abrir unha fenda no marcador que lle permitiu chegar ao descanso cun 19-15 favorable.
Na segunda parte, o conxunto lucense mantivo o control do encontro. Sen baixar o ritmo, foi ampliando progresivamente a súa vantaxe grazas á continuidade ofensiva e ao traballo colectivo, superando incluso a decena de goles de diferenza ata pechar o partido no definitivo 38-27.
No apartado anotador destacou o tridente formado por André (11 goles), David (10) e Brayan (10), fundamentais para romper o partido. Tamén contribuíron Héctor (4), Rodrigo (1), Breixo (1) e Manu (1), nun encontro no que o equipo mostrou unha gran solvencia.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Dani; Óscar, Nuno, Héctor (4), Rodrigo (1), Andrés, David (10), Breixo (1), Brayan (10), André (11), Ernesto e Manu (1).
Árbitros: Jose López e Nicolás Núñez.