OAR Coruña 22 – Millavén CP Lucense 29
Millavén CP Lucense 29 (16+13): Martín; Óscar, Nuno, Rodrigo, Andrés, David (9), Héctor, Manu, Breixo, Brayan (11), Aryan, Ernesto e André (9).
Árbitros: Esteban Díaz e Juan Amedo.
O equipo cadete masculino do Millavén CP Lucense continúa coa súa dinámica impecable e sumou unha nova vitoria a domicilio ante o OAR Coruña, nun encontro no que o bloque lucense amosou madurez competitiva e unha defensa de moito nivel para asentar o triunfo.
Desde o inicio, o Millavén mostrou unha notable solidez atrás, pechando espazos e obrigando ao OAR a ataques longos e pouco cómodos. Ese esforzo defensivo traduciuse en só 11 goles encaixados na primeira metade, o que permitiu aos lucenses marchar ao descanso cunha vantaxe de 5 goles (11-16), malia a certos erros en finalización.
O guión non cambiou tras o paso polos vestiarios. O Millavén mantivo a súa liña defensiva, moi compacta, e esa estabilidade permitiulle seguir controlando o encontro aínda cando o ataque non estivo tan fino como noutras xornadas. A intensidade e o ritmo competitivo do conxunto lucense permitiron ampliar a renda cun parcial de 11-13 na segunda metade, certificando o 22-29 final.
Con este triunfo, o cadete masculino do Millavén CP Lucense continúa contando os seus partidos por vitorias e reafirma as boas sensacións que vén exhibindo ao longo da tempada.