Un triunfo contundente para coller aire na clasificación e reforzar a confianza.
Xuvenil División de Honor
Lugo Sala Acasti Reformas – Jogafán Ordes
Resultado ao descanso: 6-2
Resultado final: 11-4
Alineación: Álex, Rión, Iago N., Yagolin, Dela
Banquillo: Aitor, Braisete, Sanfiz, Seo, Maikol, Rodrigo, Antón Blanco
Goleadores: Yagolin, Dela, Sanfiz, Maikol, Rodrigo x2, Aitor x2, Iago N., Braisete, propia porta
Destacados da xornada: 1.Yagolin 2.Sanfiz 3.Iago N.
Resumo do partido:
O Lugo Sala asinou unha primeira parte de moito nivel, aproveitando o seu acerto en diferentes situacións do xogo para abrir fenda no marcador. Os goles chegaron tras transicións rápidas, ataques posicionais ben traballados, accións a balón parado e mesmo unha gran acción individual, reflexo da variedade ofensiva do equipo. Aínda que o Ordes conseguiu recurtar distancias tras unha perda nos primeiros metros, os de Christian volveron poñer terra de por medio grazas a un roubo en defensa alta e unha nova acción colectiva de ataque. Antes do descanso, o rival logrou o 6-2 nunha xogada coral. A segunda metade comezou cun susto, xa que unha ocasión moi clara ao segundo pau non foi aproveitada polos lucenses, e o Ordes castigou dúas situacións de falta de competitividade para achegarse ata o 6-4. Foi entón cando os lucenses pediron tempo morto e reaccionaron con personalidade, asinando uns minutos moi serios que lles permitiron dominar o partido, ser sólidos en defensa e moi prácticos en ataque ata pechar o marcador no definitivo 11-4. Un triunfo que coloca ao Lugo Sala con 7 puntos, igualado con Carballiño FS e CFS La Bañeza, e que deixa ao Jogafán Ordes en última posición con 3 puntos, nunha loita pola permanencia na que descenden tres equipos.
Clave do partido: A reacción e a seriedade do equipo tras encaixar dous goles seguidos na segunda parte.
Frase de Christian:
«Victoria necesaria con un partido completo en muchas fases del juego.»
Próximo enfrontamento:
O Lugo Sala afrontará agora unha proba de máxima esixencia, recibindo ao Inter Sala Adarsa Mercedes, segundo clasificado da liga, nun duelo que medirá o verdadeiro momento de forma do equipo e pechará a primeira volta do campeonato.