A boa reacción da segunda metade permite conseguir un punto ante un rival forte.
Xuvenil División de Honra
O Parrulo Ferrol – Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 1-0
Resultado final: 3-3
Alineación: Álex, Yagolin, Dela, Rión, Sanfiz
Banquillo: Vila, Iago N., Seo, Mera, Rodrigo, Braisete
Goleadores: Sanfiz, Iago N., Dela
Destacados da xornada: 1- Iago N. 2- Sanfiz. 3- Dela
Resumo do partido:
A primeira parte foi moi igualada, cun Lugo Sala e un Parrulo Ferrol que xogaban de forma similar, con poucas ocasións para ambos equipos. A única oportunidade materializada chegou para o equipo local, que aproveitou unha perda de balón perigosa e un lanzamento de falta ao borde da área para poñerse por diante 1-0. Na segunda parte, o Parrulo Ferrol logrou ampliar a súa vantaxe cun gol tras unha acción individual, poñendo o 2-0. A pesar diso, o Lugo Sala non baixou os brazos e continuou competindo. A resposta non se fixo esperar e o equipo logrou igualar o marcador grazas a dúas boas accións de pivote e outra a balón parado. Non obstante, un erro defensivo devolveu a vantaxe ao Parrulo Ferrol cun 3-2. Xa co porteiro xogador, o Lugo Sala volveu pelexar e conseguiu o empate final no último minuto.
Clave do partido: Non baixar os brazos cando se encaixou o segundo gol e loitar ata o final.
Frase de Christian:
«Partido competido onde o esforzo e a competitividade tiveron un punto como recompensa.»
Próximo enfrontamento:
Os lucenses reciben ao líder, o Noia Portus Apostoli, nunha nova xornada chea de retos para seguir mellorando.