A falta de acerto en ataque condea aos lucenses nun resultado que non reflicte a súa melloría.
Xuvenil División de Honor
Lugo Sala Acasti Reformas – FS Salamanca
Resultado ao descanso: 2-2
Resultado final: 2-5
Alineación: Álex, Rión, Iago N., Braisete, Sanfiz
Banquillo: Vila, Javi, Aitor, Rodrigo, Dela, Maikol, Seo
Goleadores: Sanfiz, Iago N.
Destacados da xornada: 1-Sanfiz. 2-Iago N. 3-Javi
Resumo do partido:
A primeira parte comezou cun Lugo Sala cómodo na pista, tanto sen balón como co balón, demostrando boas sensacións. O equipo lograba impoñerse, poñendo un 2-0 no marcador grazas a súa intensidade e xogo colectivo. Con todo, en dous erros puntuais, o rival logrou igualar antes do descanso, deixando a sensación de que non necesitaban moitas ocasións para poder marcar. Na segunda parte, os lucenses foron superiores, xerando unha gran cantidade de ocasións claras, pero a falta de acerto nas finalizacións impediu que se rompese a igualdade. O rival aproveitou un despexe, que con moita fortuna, rematou no fondo das mallas, poñéndose por diante 2-3. Co porteiro xogador, dous erros máis deron lugar aos goles finais, pechando o marcador cun 2-5 que non reflicte o acontecido na pista.
Clave do partido: A falta de acerto nas ocasións xeradas na segunda parte.
Frase de Christian:
«Partido en el que hicimos de todo para ganar y la falta de acierto nos condenó.»
Próximo enfrontamento:
O equipo de Christian xogará a domicilio contra o Carballiño FS na próxima fin de semana.