As capitalinas asinaron unha gran segunda parte tras un inicio complicado, quedando a un paso de culminar a xesta.
Cadete Preferente Feminino
Lugo Sala Frain – Narón O Freixo
Resultado ao descanso: 0-3
Resultado final: 4-6
Aliñación: Ale, Andre, Marina, Leire, Uxi
Banquiño: Alba, Juanita, Nadia
Goleadoras: Ale (2), Marina, Alba
Resumo primeira parte:
O Lugo Sala Frain comezou con dificultades ante un Narón moi intenso. Unha perda de marca nos primeiros minutos abriu o marcador, e aínda que as lucenses non se viñeron abaixo, custoulles xerar perigo real. A falta de intensidade nos duelos e algunhas desaxustes defensivos provocaron dous novos goles visitantes, ambos en accións ao segundo pau. A mala organización atrás e as espaldas gañadas foron determinantes para chegar ao descanso cun claro 0-3.
Resumo segunda parte:
Tralo paso polos vestiarios, o equipo de Luchi saíu totalmente renovado, con máis garra e confianza. A intensidade foi clave para meterse no encontro, e en apenas once minutos o Lugo Sala conseguiu remontar ata o 4-5, grazas a un gran traballo colectivo e a eficacia do xogo de cinco. Cando a remontada parecía posible, un último gol a poucos minutos do final deixou o resultado definitivo nun 4-6 que non reflicte o esforzo das lucenses.
Xogadoras destacadas:
Marina, Ale e Leire
Clave do partido:
A intensidade, especialmente na segunda parte, foi o factor diferencial.
Frase da adestradora, Luchi:
“Tivemos dous partidos distintos, nada tivo que ver unha parte coa outra.”
Próximo enfrontamento:
Será contra Burela, que leva un empate e dúas derrotas, mentres que as de Luchi suman dúas vitorias e dúas derrotas. Teremos un derbi provincial entre capitalinas e mariñás, no máis alto do Futbol Sala Galego.