Connect with us

Fútbol Sala

O Lugo Sala perdoa e o Castro castiga no derbi cadete feminino

As de Luchi competiron ata o final, pero a falta de acerto e pequenos erros decidiron un partido máis igualado do que reflicte o marcador.

Cadete Preferente Feminina
Lugo Sala Recambios Frain vs FSF Castro
Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 0-3

Alineación: Natalia, Candela, Marina, Alba, Alexia
Banquiño: Juanita, Nadia, Andrea, Leire

Destacadas da xornada: Candela, Alexia, Marina

Resumo do partido:
O encontro comezou cun Lugo Sala Frain sufrindo nos primeiros minutos, recibindo varias ocasións claras do Castro. Co paso do tempo, o equipo foi asentándose na pista e o partido entrou nunha fase de maior igualdade, con ambos conxuntos alternando o dominio. Nun erro defensivo na marca chegou o primeiro gol visitante, pero as capitalinas non se viñeron abaixo e continuaron pelexando, dispoñendo de algunha ocasión clara para igualar o marcador antes do descanso, sen atopar o premio do gol.
A segunda metade foi máis complexa. O Lugo Sala volveu saír ben, xerando ocasións nos primeiros minutos, pero novamente faltou acerto. Co encontro máis estabilizado, un fallo nun cambio defensivo permitiu ás chairegas ampliar a vantaxe co 0-2. Pouco despois, a expulsión con vermella directa da porteira rival por man fóra da área deu ás rapazas de Luchi unha oportunidade clara para meterse no partido. O Lugo Sala Frain aproveitou a superioridade, tanto en xogo de catro como de cinco, xerando numerosas ocasións, pero o balón resistiuse a entrar. Xa nos últimos 20 segundos, nunha contra do xogo de cinco, o Castro anotou o 0-3 definitivo. A pesar diso, o Lugo Sala loitou ata o último segundo tentando evitar quedar sen marcar.

Clave do partido: Intensidade e traballo.

Frase de Luchi: “O gol nesta xornada esquivounos.”

Próximo enfrontamento: O Lugo Sala Frain afrontará agora unha nova saída para medirse ao Narón O Freixo, un partido no que o obxectivo será recuperar a eficacia ofensiva e transformar o bo traballo en puntos.

Advertisement