A maior eficacia no segundo tempo e as boas intervencións de Nati selan a vitoria visitante nun partido disputado
Cadete Femenina – Copa Grupo Norte 1
Superti Ribeira FS vs Lugo Sala Recambios Frain
Resultado ao descanso: 1–2
Resultado final: 1–3
Aliñación (Superti Ribeira FS): Sainza, Nerea, Alma, Antia, María Granero
Banco: Paula, Shaila, Uxue, Xenia
Aliñación (Lugo Sala Frain): Nati, Marina, Cande, Andre, Ale
Banco: Leire, Juanita, Noa, Nadix, Alba
Goleadoras:
— Superti Ribeira FS: María Granero
— Lugo Sala Frain: Marina, Cande, Alexia
Destacadas da xornada:
— Superti Ribeira FS: Nerea, María Granero, Alma
— Lugo Sala Frain: Nati, Andrea, Cande
Resumo do partido:
O derbi comezou cun Lugo Sala Frain algo descoidado, cometendo erros nas primeiras xogadas e permitindo ao Ribeira FS facer alguna xogada de perigo ás espaldas da sua defensa, o que fixo espertar ás de Luchi e coller o mando do partido. Froito de ese dominio, chegou o 0-1 grazas a unha boa xogada na que Marina. As de Cabanas tentaron asentarse no xogo e conseguirono por momentos, pero a pegada caeu de parte do Lugo Sala, co segundo gol, obra de Cande. A pesares do resultado o Ribeira non se deu por vencido, e conseguiu acortar distanzas antes do descanso, co 1-2 de Maria Granero.
Na segunda metade, as xogadoras dos dous equipos saíron con moita actitude, o Lugo Sala mellorando na súa saída de balón e intentando controlar a situación, e o Ribeira con chegadas de perigo, nas que Nati estivo moi acertada, e foi clave na vitoria do seu equipo. A pesar das boas ocasións do Ribeira FS, foi un gol de Alexia o que lle deu algo de tranquilidadde ás de Luchi, e pese a que o Ribeira seguiu intentando, por todolos medios, non foron quén de acercarse no marcador.
Claves do partido:
O coñecemento que teñen entre sí os dous equipos e as intervención de Nati, na segunda metade.
Frase de Cabanas: “Temos que seguir traballando”
Frase de Luchi: «Os nosos erros penalizan, pero os acertos non son suficientemente eficaces.»
Próximos enfrontamentos:
— O Lugo Sala Frain afronta unha xornada de descanso.
— O Superti Ribeira FS xogará contra o Parrulo, en Ferrol, na seguinte xornada.