A capitana rival destaca co seu potente xogo exterior e deixa á defensa lucense sen resposta
Alevín Preferente Femenina
Lugo Sala Dental Arias vs Lago Sport
Resultado ao descanso: 0-3
Resultado final: 1-5
Alineación: India, Noa, Cata, Abby, Naila
Banquiño: Judith, Cande
Goleadora: Cata
Destacadas da xornada: Noa, Judith, Abby
Resumo do partido: O Lugo Sala Dental Arias iniciou o encontro cunha defensa sólida que conseguiu aguantar os primeiros ataques do Lago Sport. A mellora na colocación foi evidente e o equipo comezaba a saír máis seguro. Sen embargo, cando a capitana do Lago Sport comezou a disparar desde fora, as xogadoras do Lugo Sala non puideron evitar que os balóns chegasen ao fondo da rede. Tres goles en seis minutos, dous pegados ao largueiro e un ao pau, deixaron ao equipo local sen capacidade de reacción. Na segunda parte, o Lugo Sala intentou mellorar a súa faceta ofensiva, pero non conseguiu xerar un perigo real. Tras un tempo morto, o equipo tratou de reorganizarse, conseguindo algúns ataques máis peligrosos, pero sen éxito. O Lago Sport continuou a súa imaxe imparable, cun cuarto gol tamén dende fóra da área e un quinto nun descoido no segundo pau. O Lugo Sala conseguiu recortar distancias cun gol da honra, resultado dunha xogada tras un corte no medio do campo.
Clave do partido: Goles dende posicións exteriores do rival.
Frase de Luchi: Levóunos moito facer certas cousas que xa deberían estar máis automatizadas.
Próximo enfrentamento: O Lugo Sala terá xornada de descanso, pero aproveitará para xogar o derbi provincial aprazado contra Burela, no que será o penúltimo partido da tempada regular.