Connect with us

Fútbol Sala

O Lugo Sala cae ante un Parrulo con máis acerto nos momentos decisivos

O Lugo Sala cae ante un Parrulo con máis acerto nos momentos decisivos

Os locais melloraron na segunda metade, pero o conxunto ferrolán aproveitou mellor as súas ocasións e acabou levándose o triunfo de Lugo.

Lugo Sala Acasti Reformas – O Parrulo Ferrol
Categoría: Xuvenil División de Honra – Gr. 1
Resultado ao descanso: 0-3
Resultado final: 1-7

Aliñación: Álex, Rión, Dela, Yagolin, Sanfiz
Banquiño: Antón B., Iago N., Gabri, Rodrigo, Maikol, Dorado, Aitor, Braisete
Goleadores: Sanfiz

Xogadores destacados:

  1. Sanfiz
  2. Álex Rión
  3. Dorado

Resumo do partido:
O Lugo Sala Acasti Reformas non puido frear o potencial dun O Parrulo Ferrol que amosou por que é un dos favoritos da categoría. O equipo visitante entrou no encontro cun ritmo moi alto, superando en intensidade e velocidade aos lucenses durante a primeira metade. O dominio ferrolán traduciuse en tres goles antes do descanso, que deixaban un 0-3 difícil de remontar.

Na segunda parte, os de Christian deron un paso adiante e competiron de ti a ti durante os primeiros dez minutos, mellorando en presión e circulación de balón. Froito dese esforzo chegou o gol de Sanfiz, que recurtou distancias e animou aos locais. Porén, un erro defensivo no 1-4 rompeu a dinámica positiva, e dous tantos case consecutivos de O Parrulo sentenciaron o partido. O Lugo Sala intentouno con porteiro-xogador, pero tampouco atopou premio e encaixou o sétimo gol a portería baleira.

Clave do partido:
O Parrulo foi superior nos duelos individuais e amosou unha gran eficacia de cara á portaría en momentos clave do encontro.

Frase de Christian:
«Partido onde o equipo rival foi superior en moitas fases do xogo e iso quedou reflectido no marcador.»

Próximo rival:
O Lugo Sala Acasti Reformas viaxará a Noia para medirse ao Portus Apostoli, líder invicto da División de Honra Xuvenil. Un reto esixente no que o conxunto lucense buscará recuperar sensacións e facer un partido serio ante un rival de máximo nivel.

Advertisement